EA Sports reducirá o número de tÃtulos para PC
luns, 7 de xullo do 2008
Os xogos para PC
parece que van en decadencia, e os usuarios tenden a adquirir unha consola para
botar unhas partidas pese a que os ordenadores continúan a ser equipos máis
axeitados para certo tipo de xogos. Pero os principais problemas dos xogos para
PC veñen máis da súa rendibilidade, polo que Peter Moore, presidente de EA
Sports, anunciou
no seu blog que están a abandonar as versións para PC dos seus xogos
deportivos por varios motivos:
os xogadores de tÃtulos deportivos para PC están migrando ás consolas
o sector dos xogos deportivos para PC tenden máis ao modelo de descarga que ao de produtos en soporte fÃsico
as versións para PC dos xogos de EA Sports non están a conseguir suficiente retorno do investimento
hai moita piraterÃa nos xogos para PC
Entendemos asà que xogos coma Madden, NCAA Football, NASCAR, Tiger Woods PGA
TOUR e NBA LIVE non contarán este ano con versión para PC, aÃnda que parece que
os
clásicos FIFA e NHL se salvan polo momento desta criba.