EA cancela o xogo de Black Panther e pecha Cliffhanger Games
mércores, 28 de maio do 2025
Electronic Arts (EA) vén de cancelar o videoxogo de Black Panther e, con el, anunciou o peche do seu estudio de desenvolvemento Cliffhanger Games (ambos presentados en sociedade hai menos de dous anos). A nova foi adiantada por IGN, que tivo acceso ao correo interno enviado por Laura Miele, presidenta de EA Entertainment, ao persoal da compañÃa.
Segundo explicou Miele, esta decisión enmárcase nun proceso máis amplo de reestruturación que busca «afiar o noso foco e poñer a nosa enerxÃa creativa detrás das oportunidades de crecemento máis significativas». Ademais do peche de Cliffhanger e a cancelación do proxecto de Black Panther, tamén se produciron despedimentos noutros equipos, especialmente nas divisións móbil e centrais da compañÃa. AÃnda que EA non especificou o número exacto de persoas afectadas, IGN sinala que son menos de 300 os despedimentos que se produciron o mes pasado en Respawn e Fan Care.
Miele recoñeceu a dificultade destas medidas e asegurou que EA está a traballar para recolocar as persoas afectadas noutras áreas da empresa. Esta polÃtica xa fora aplicada en anteriores despedimentos, o que foi posible, en parte, porque EA incrementou o cadro de persoal noutros equipos: segundo datos de Game File, a empresa conta hoxe con 800 empregados máis ca no mesmo perÃodo de 2024.
De cara ao futuro, EA centrará os seus recursos en franquÃas clave como Battlefield, The Sims, Skate e Apex Legends. Tamén continuará o desenvolvemento de tÃtulos como o novo Iron Man (a cargo de Motive Studios) e o terceiro xogo da saga Star Wars: Jedi, asà como o traballo de Bioware no vindeiro Mass Effect. A compañÃa mantén tamén o seu negocio móbil, malia os axustes actuais.
O acordo entre Marvel e EA para o desenvolvemento de tres xogos (entre eles Iron Man e un tÃtulo aÃnda por anunciar) continúa vixente, e será Motive quen lidere os futuros proxectos de Marvel. En canto a Black Panther, pouco se mostrara desde o seu anuncio en 2023. SabÃase que Ãa ser un xogo de acción-aventura, para un só xogador, en mundo aberto, desenvolvido polo recentemente creado Cliffhanger Games, dirixido por Kevin Stephens e con antigos membros do equipo de Shadow of Mordor.
Este movemento súmase a unha longa serie de reestruturacións e cancelacións por parte de EA nos últimos anos, con especial intensidade en 2025. Só no último mes, cancelouse un novo xogo de Titanfall e outro proxecto en incubación, con despedimentos relevantes en estudios como Respawn e Bioware. A estas medidas engádese a recente decisión da empresa de obrigar todo o seu persoal a volver ás oficinas, o que está a xerar preocupacións entre os traballadores que ata o de agora teletraballaban.
