EBF prepárase para iniciar o seu mestrado de creación de videoxogos na Coruña

martes, 23 de outubro do 2018 Marcus Fernández

European Business Factory confirma que o vindeiro 26 de outubro abrirá as portas á primeira promoción do primeiro mestrado en creación de videoxogos na Coruña, estando aínda aberta a matrícula ao mesmo até o 7 de novembro (quedando 3 prazas libras).
O Mestrado de Ideación, Deseño, Desenvolvemento e Venda de Videoxogos na Coruña formará durante un ano sobre desenvolvemento de videoxogos, deseño artístico, xeración de ideas, marketing e empresa a través da innovadora metodoloxía KAOSPILOT. Pretedne que os participantes comecen sendo alumnos e remate desenvolvendo o seu primeiro videoxogo como un estudio tutelado polos profesores que converterase no seu traballo de fin de mestrado.
Este mestrado está dirixido a persoas que queiran somerxerse na industria do videoxogo, para o que combinarán formación sobre a historia dos videoxogos, o desenvolvemento con Unreal Engine, guión, música, Game Design, Maya, Z-Brush, marketing e empresa en horario de fin de semana, para que os participantes poidan combinar a formación con outras actividades.

PUBLICIDADE