EGANET estrea sede en Compostela

xoves, 7 de xullo do 2011 Marcus Fernández

Este mércores EGANET celebrou unha xuntanza informal entre representantes das súas empresas socias para inaugurar o seu novo local na rúa Pombal, nº 43 de Santiago de Compostela, que busca ser un centro de coñecemento TIC e xermolo para novas alianzas.
A Asociación pretendeu co encontro dar a coñecer aos seus socios as posibilidades do novo establecemento para mellorar e ampliar os servizos que vaian a achegarse, así como para que se converta nun espazo colaborativo para as empresas, e ser así un lugar para traballar, coñecer e compartir.
Os asistentes tamén puideron coñecer ás novas empresas adheridas a EGANET nos últimos meses, así como as últimas accións que desenvolveu a Asociación.

PUBLICIDADE