Ecovidrio lanza un xogo para móbiles sobre reciclaxe

martes, 13 de marzo do 2007 Fernando Sarasketa

Reciclar tamén é xogar, e viceversa. Polo menos, así o entende Ecovidrio, entidade sen ánimo de lucro que vén de poñer en marcha unha campaña sobre o reemprego do vidro a través dun xogo para o teléfono móbil. A iniciativa, que vai orientada sobre todo á mocidade (de aí que se elixira o móbil como canle de comunicación), foi desañada no plano técnico pola firma Mobile One2One, que se encargou de construír o portal móbil con descargas de contidos para os usuarios, entre os que se inclúe o devandito xogo sobre a produción dunha cadea de reciclaxe de residuos.
Pódese acceder a el a través de varios vieiros: ben sexa mediante o envío dunha mensaxe de texto coa palabra RECICLA ó 7606 ou ben a través da web www.reciclavidrio.com. Tamén se pode chegar ó xogo mediante a instrución do enderezo no teléfono móbi: http://wap.reciclavidrio.com.

PUBLICIDADE