Edicións especiais de modelos de Peugeot con Xbox e volante sen fíos

luns, 16 de abril do 2007 Fernando Sarasketa

Microsoft e Peugeot están a afianzar a súa alianza no vieiro de porse máis preto dos clientes posibles e reais: aqueles ós que (precisamente) tanto lles gusta conducir nas estradas físicas como nas virtuais (as que achegan as videoconsolas). Nesta enleada de completar un plano de realidade con outro co fin de enriquecelos, saen ó mercado edicións especiais dos Peugeot 207 e Peugeot 307, incluíndo de agasallo unha consola Xbox 360. Segundo informa Microsoft, coaa finalidade de tirar o máximo partido da condución (a virtual, neste caso), a serie Peugeot Xbox inclúe tamén un volante sen fíos para a devandita consola 360, trebello que grazas á tecnoloxía Force Feedback reproduce o funcionamento dun volante real, “incluíndo resistencia nas curvas e vibración segundo o tipo de terro sobre o que se conduza”, sinala a compañía.
Podemos ver o espazo publicitario de Peugeot dedicado a estes lanzamentos neste sitio.

PUBLICIDADE