El Enigma de la AbadÃa quere recuperar o espÃrito de La AbadÃa del Crimen
xoves, 18 de decembro do 2008Hai pouco chegou
ás tendas o xogo para PC The Abbey polo
que pode sorprender que paralelamente o estudo InGnius estea a traballar o xogo
El Enigma de la AbadÃa, que chegará
para PC, Xbox 360 e PlayStation 3, e pretende ser unha versión non oficial do
libro de Umberto Eco O Nome da Rosa
como tamén fixera a finais de 1987 o xogo La AbadÃa del Crimen, considerado
por moitos como un dos mellores tÃtulos desenvolvidos en España (asà coma un
dos mellores xogos para ordenadores de 8 bits).
O novo tÃtulo está a desenvolverse empregando un motor gráfico en 3D de nova
xeración, e tamén adaptará
a mecánica do xogo aos tempos que corren, de xeito que achegará máis
liberdade que La AbadÃa del Crimen á
vez que engadirá desafÃos secundarios e incluso finais alternativos, o que
garantirá moitas horas de xogo e tampouco prescindirá de modo en liña e/ou
cooperativo.
- O nivel de detalle gráfico do xogo parece estar á altura doutras aventuras gráficas actuais
Polo momento só podemos ver as primeiras imaxes do xogo en desenvolvemento que nos amosan unha calidade gráfica notable, e nos vindeiros dÃas se publicará un vÃdeo no que poderemos ver como o clásico desenvolvido por Paco Menéndez e Juan Delcán se transforma nun videoxogo actual, co plus de ser unha produción española, o que poderÃa servir de exemplo de que non é preciso ir ao estranxeiro para contar con bos equipos creativos.