Electronic Arts fará adaptacións electrónicas de varios xogos de Hasbro

luns, 13 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Imaxe da edición de Vigo do Monopoly

Electronic Arts e Hasbro pecharon un acordo polo que EA poderá facer videoxogos baseados nos populares xogos de mesa de Hasbro coma o Monopoly ou o Scrabble, de xeito que Atari xa non sacará videoxogos destas marcas.
Co novo acordo, Electronic Arts poderá sacar en exclusiva videoxogos baseados en produtos de Hasbro, nun contrato que se estende ata decembro de 2013, de xeito que en 2008 xa poderiamos ver os primeiros xogos. Ademais, Hasbro tamén podería facer certos xoguetes baseados en videoxogos de Electronic Arts.

PUBLICIDADE