Electronic Arts quere mercar Take-Two

luns, 25 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Imaxe do GTA IV

A compañía de videoxogos Electronic Arts anunciou este domingo o seu interese por comprar Take-Two Interactive, empresa responsable de polémicos xogos coma Grand Theft Auto, Manhunt ou Bully.
EA ofertaría 26 dólares por cada acción de Take-Two (actualmente valoradas en 17,36 dólares) polo que sumaría un total de 2.000 millóns de dólares en efectivo.
Con esta operación EA pretendería consolidar a súa posición no mercado dos videoxogos, especialmente non momento no que está a piques de saír o videoxogo Grand Theft Auto IV, que promete ser un grande éxito.
Dende Electronic Arts están a procurar a renovación da súa empresa comprando outras independentes coma Bioware e Pandemic, polas que pagaron hai pouco 860 millóns de dólares.
ACTUALIZACIÓN: Take-Two vén de .