Elena Neira analizou as tendencias do sector audiovisual nas instalacións de CTV
luns, 29 de maio do 2023- A profesora Elena Neira co produtor executivo de CTV, Ghaleb Jaber
A produtora audiovisual
CTV convidou a traballadores e axentes do sector a acudir ás súas instalacións
en Montouto (Teo) para asistir a unha conferencia da profesora e investigadora
Elena Neira baixo o tÃtulo de Tendencias do audiovisual na posguerra do
streaming, na que fixo unha análise do marco actual do sector audiovisual alterado
pola chegada das plataforma de vÃdeo baixo demanda a través da Internet e expuxo
os retos e oportunidades que as últimas tecnoloxÃas e tendencias están a provocar.
- O relatorio de Elena Neira acudiron numerosos profesionais do sector audiovisual galego
Elena Neira lembrou como Netflix chegou como unha plataforma de streaming
dominante, á que responderon finalmente as grandes compañÃas coas súas propias
plataformas, dando lugar á chamada guerra do streaming, á que a propia Neira dedicou
un libro, e unha vez que o mercado deixou de guiarse polo crecemento en
subscritores e comezou a pedir rendemento económico chegouse á actual
conxuntura de posguerra, na que os modelos de negocio teñen que ser
sustentables.
- Elena Neira analizou os cambios dos últimos anos nos modelos de explotación do sector audiovisual
Como exemplos deste cambio de escenario temos como o feito de que as plataformas de streaming chegaron a prescindir das fiestras de explotación e das licenzas das súas producións a terceiros, reducindo asà os seus rendementos económicos, xa que apostando polo dominio dun mercado emerxente descoidaron a moi rendible explotación comercial en salas de exhibición cinematográficas e a comercialización da obra producida en plataformas alleas a través de acordos de licenzas.
Publicidade no streaming
Outro elemento
que mudou moito nos últimos anos tamén foi o do achegamento do streaming á
televisión tradicional adoptando formatos publicitarios, de xeito que tanto
podemos ver plataformas como Pluto TV (con contidos de balde financiados
mediante publicidade) ou os plans de Netflix con publicidade (modelo que nos
vindeiros meses adoptarán máis plataformas).
En contraste, os medios de comunicación convencionais teñen como grande
problema a desconexión coas audiencias novas e o desgaste que provocan as novas
plataformas, que agora tamén están a roubarlle anunciantes, polo que teñen que
ver o streaming máis como unha oportunidade que como un inimigo, se queren
sobrevivir a longo prazo.
Neira salientou as dificultades para comparar as distintas plataformas, por non
existir sistemas de medición harmonizados e non haber transparencia no
streaming (como si hai na televisión tradicional), ao que haberÃa que sumar o
contraste coas plataformas con contidos xerados polos usuarios, como TikTok, na
que os contidos son moi breves, pero captan moita atención constante do
usuario, detalle do que deberÃan aprender moitos medios como xeito de dar
visibilidade ás súas producións.
Chega a intelixencia artificial
- Neira ilustrou casos nos que o ChatGPT exercer de guionista, cos problemas que iso supón
Tema abordado por Elena Neira que máis atención e preocupación espertou nos asistentes foi, sen dúbida, o da intelixencia artificial, que até o momento estábase a empregar para tarefas como os motores de recomendación das plataformas dixitais, e que agora teñen un grande impacto na creación de contidos, xa que as imaxes sintéticas e as voces clonadas facilitan a elaboración de pezas sen ter que recorrer a reshoots, e incluso as intelixencias artificiais xenerativas poden crear guións, o que é un dos motivos polo que actualmente están en folga os guionistas nos EE.UU.