Eliminan numerosas contas falsas de Twitter, Facebook e Instagram asociadas ao Partido Popular
venres, 20 de setembro do 2019
Nos
últimos anos o rol que xogan as plataformas de redes sociais nos resultados
electorais están a analizarse con lupa, e por iso son estas propias compañÃas
as que están a predicar co exemplo, e toman medidas para evitar casos flagrantes
de manipulación, á vez que buscan certa transparencia.
Nesta liña Twitter vén de facer pública unha relación de actuacións contra a
manipulación na súa plataforma, e no caso español citan a eliminación
de 259 contas tras identificar que, de xeito artificial, potenciaban a
opinión pública en España. Aseguran que estas contas estaban «operadas polo
Partido Popular», consistindo principalmente en contas falsas cun comportamento
de spam que rechouchiaban para aumentar a interacción.
Casualmente hoxe mesmo Facebook tamén realizou un comunicado semellante, pero
só relativo á España, no que aseguran que eliminaron
65 contas de Facebook e 35 de Instagram involucradas nun comportamento
falso detectado polos sistemas automáticos de Facebook, e que tamén pretendÃan
influÃr na opinión pública promovendo informacións apoiando ao Partido Popular
e criticando aos seus opoñentes polÃticos.
A investigación de Facebook conclúe que as persoas detrás destas actividades
están asociadas ao Partido Popular, aÃnda que as contas estiveron activas pouco
tempo. Cando menos unha das contas de Instagram superou os 5.000 seareiros e as
contas falsas realizaron un investimento en publicidade de Facebook duns 1.275
dólares.
Aseguran que esta investigación aproveitou información achegada por Twitter, ou
sexa, que semella que estamos ante un mesmo caso.
AÃnda que as redes sociais non se opoñen á propaganda polÃtica, si loitan ante
a falsa de transparencia deste tipo de publicidade, asà como contra a
manipulación informativa, aÃnda que cada vez teñen máis difÃcil manter este
compromiso que contraeron despois de escándalos como o de Cambridge Analytica.
Cómpre salientar que, aÃnda que os partidos polÃticos tendan a negar tal práctica, considérase habitual o uso de contas falsas para procurar conducir a conversa en redes sociais, e téñense detectado casos en case todas as formacións polÃticas de xeito global.