Elisa MartÃn, de IBM, desvelará na USC os camiños novos do coñecemento
xoves, 14 de xullo do 2011- A relatora, nun acto recente organizado e rexistrado polo Instituto de EnxeñarÃa do Coñecemento
O dÃa 19 de xullo, a Escola Superior de
EnxeñarÃa de Santiago vai dar acollida a unha conferencia da multinacional IBM.
A cita, que vén da man do Centro de Investigación de TecnoloxÃas da Información
da USC, contará coa presenza de Elisa MartÃn Garijo, enxeñeira da Academia de
TecnoloxÃa da devandita compañÃa norteamericana. O
relatorio de Elisa MartÃn, que dará comezo arredor das 12.30 horas no salón
de actos da ETSE, desenvolverase arredor dos novos camiños que achega o eido
dixital de hoxe para a Ciencia da Información.
Elisa MartÃn Garijo é directora de TecnoloxÃa e Innovación de IBM España e CTO de Industria na rexión do Sur de Europa. É especialista en sistemas de grandes empresas, arquitecturas web e integracións de aplicacións. Participou no deseño e posta en marcha de solucións multicanles, arquitecturas de empresa e sistemas especÃficos de desenvolvemento. Arestora esta especializada na evolución estratéxica dos sistemas integrando os sistemas dixitais coas infraestruturas fÃsicas dentro das iniciativas Smart (para a mellora do transporte a través da innovación) e máis polo miúdo na área de cidades intelixentes.