Elixen a Manuel Gago coma o mellor blogueiro da comarca compostelá
luns, 23 de marzo do 2009
O xornal Santiagosiete
organizou un
concurso para seleccionar os mellores blogs da comarca compostelá, aos que
optaron un total de 57 cadernos dixitais, dos que un xurado (composto por Tim
Redford, Berto Yáñez, Laura Otón, Iván Puentes, Jesús Bastante, Javi Camino,
Renato Landeira, Chelo Suárez, Guille Fernández, Yolanda Castaño e VÃctor
Neira) elixiu coma mellor blog o CapÃtulo
0 de Manuel Gago, bitácora da que xa temos falado en diversas ocasións é
que está sempre nos primeiros postos nas listaxes de relevancia do chamado
Blogomillo. Vemos asà coma un referente na Internet galega recibe un
recoñecemento merecido aÃnda que se limite a un ámbito xeográfico reducido (non
sorprenderÃa un galardón semellante a nivel autonómico), aÃnda que nesta primeira
convocatoria blogueira de Santiagosiete contou con boa compaña, pois na
segunda posición quedou A Regueifa
de Noel Feáns, seguido do Ultrasónica
de Xavier Valiño.
Agardemos que estes galardóns axuden a espallar o coñecemento dos interesantes
blogues elaborados en Compostela por parte dos cidadáns que en moitos casos nin
sequera son conscientes da tremenda oferta de contidos locais dispoñibles na
Internet, e que iniciativas como esta axudan a difundir.
