Elon Musk e Donald J. Trump protagonizan un accidentado directo en X
martes, 13 de agosto do 2024
A relación entre Donald J. Trump e Twitter é complicada, especialmente porque foi unha das plataformas máis agresivas contra o expresidente estadounidense, xogando un importante papel na súa expulsión das principais plataformas sociais, de aà que cando retiraron as restricións á súa conta en novembro de 2022 optou por non volver a Twitter, coa excepción da publicación da súa fotografÃa policial hai preto dun ano.
Pero a cousa mudou na xornada de onte cando, como antesala da celebración dun espazo en directo no que conversarÃa con Elon Musk, decidiu realizar varias publicacións, para que asà os usuarios que visitasen o seu perfil non atopasen directamente a súa fotografÃa policial, polo que aÃnda é cedo para saber se realmente Trump recuperou a súa actividade en X.
O que si quedou claro na pasada madrugada, cando tivo lugar a conversa en directo entre Trump e Musk, é que X segue sen ser unha boa plataforma para directos masivos (lembremos o acontecido co lanzamento da campaña de Ron DeSantis), pois a retransmisión tivo que comezar con máis de 40 minutos de retraso por problemas técnicos que Musk atribuÃu (con pouca credibilidade, principalmente porque o resto de X funcionaba con normalidade) a un posible ataque de denegación de servizo, matizando que horas antes fixeran unha proba de carga do servizo.
Dende X aseguran que o espazo recibiu 73 millóns de visualizacións durante as súas primeiras 3 horas, nas que se fixeron preto de 4 millóns de publicacións en X sobre o tema, xerando un total de 998 millóns de visualizacións. Con estes datos queren argumentar que os medios tradicionais non son quen de conseguir o alcance de X, algo bastante difÃcil de soster se temos en conta que os datos que dá X son acumulados, ou sexa, que realmente o directo limitouse a superar por momentos os 1,3 millóns de usuarios concorrentes, cantidade moi lonxe de, por exemplo, os 48 millóns de espectadores que conseguiu o último debate televisivo entre Biden e Trump.
As máis de dúas horas de conversa, anunciada como «a meirande entrevista da historia», foi moi decepcionante, con Trump falando a meirande do tempo, mentres que Musk tatexaba de cando en cando, e limitábase a dar a razón ao expresidente, incluso en temas que afectaban claramente aos seus intereses, como cando chegou o tema da descarbonización, facendo que Musk chegase a defender á industria petroquÃmica, cando leva un par de décadas avogando contra a mesma para promover a electrificación do parque automobilÃstico.
Temos asà que o que se anunciaba como unha entrevista era realmente un acto de campaña para captar fondos, especialmente os do propio Musk, xa que o propietario de X está a achegar 45 millóns de dólares ao mes á campaña electoral de Trump, formando parte esta iniciativa do seu apoio publico na carreira presidencial.