Emma Lustres, Medalla de Ouro nos Premios Forqué pola súa traxectoria no audiovisual
xoves, 13 de novembro do 2025
A produtora galega Emma Lustres será distinguida coa Medalla de Ouro na 31ª edición dos Premios Forqué, un recoñecemento que entregará o consello de administración de EGEDA durante a gala prevista para o 13 de decembro no Palacio Municipal IFEMA Madrid. A entidade destaca asà a traxectoria dunha das figuras clave da produción cinematográfica española contemporánea, co seu constante apoio ao sector e a defensa activa dos dereitos dos produtores.
A homenaxe reforza unha carreira marcada polo impulso de proxectos que deixaron pegada no cine español recente e polo papel determinante que tivo Lustres no desenvolvemento de Vaca Films, produtora que fundou en 2003 xunto con Borja Pena. Desde entón, a compañÃa converteuse nun referente da ficción independente, con tÃtulos que acadaron importantes éxitos de público e presenza en festivais internacionais de primeira liña como Venecia, Toronto, BerlÃn ou San Sebastián.
Ao longo destes anos, Lustres tamén foi recoñecida con distintas distincións institucionais, entre elas a Medalla Castelao outorgada pola Xunta de Galicia polo seu labor no ámbito artÃstico e cultural.
O traballo de Vaca Films destaca pola produción de longametraxes de grande impacto como Hasta el cielo e Cien años de perdón, de Daniel Calparsoro; El desconocido, de Dani de la Torre; Celda 211 e El niño, de Daniel Monzón; ou Quien a hierro mata, de Paco Plaza. A isto súmanse as súas liñas de creación para plataformas a través de Vaca TV, Vaca Net TV e Vaca Docs, das que xurdiron series de éxito como El desorden que dejas (Netflix), La Unidad (Movistar+), Hasta el cielo: la serie (Netflix) ou Clanes, creada por Jorge GuerricaechevarrÃa, da que pronto se coñecerán novidades sobre a segunda tempada.
En non ficción, Vaca Docs produciu El circo de los muchachos para Amazon Prime. Ademais, a produtora prepara novas estreas para finais de ano, entre elas Golpes, debut na dirección do guionista Rafael Cobos con Luis Tosar e Jesús Carroza, e DÃmelo bajito para Amazon Prime, á que seguirá DÃmelo en secreto, actualmente en rodaxe.
Fiel á súa filosofÃa de independencia, Vaca Films mantivo sempre o control accionarial nos seus socios fundadores, consolidando un modelo que lle permitiu acadar máis de cincuenta millóns de euros de recadación en salas en España e distribuÃr os seus contidos en todo o mundo a través de plataformas como Netflix, Amazon ou HBO e distribuidores internacionais como Sony, Disney, Universal, Fox ou StudioCanal.

- Emma Lustres na gala de estrea de Clanes
