Empregade.me: ¿portal de emprego para galegos?

martes, 9 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Hazent Systems, S.L., a empresa con sede en Madrid que está detrás da web de vídeo de Alberto Núñez Feijóo, estreou unha web de emprego dirixida especialmente aos galegos (en galego e español) baixo o dominio Emprega.me, que asegura facilitar a busca de emprego a través dun sinxelo proceso composto de 3 pasos.
Prometen un rexistro gratuíto e inmediato, aínda que resulta moi curioso que na súa portada apareza publicidade de Feijóo.tv, así coma os datos do paro en España e Galicia, polo que non falta quen pensa que se trata dunha campaña publicitaria encuberta.
A web remite a información inserida a webs de clasificados coma Campus Anuncios, MundoAnuncio.com e OLX, polo que esta plataforma en liña parece inútil (ou case), aínda que neste momento xa hai máis de 12.000 persoas que a empregaron para publicar as súas demandas de emprego, aínda que non sorprendería que tras este espazo virtual se agochase unha campaña viral na Internet.
ACTUALIZACIÓN: Dende Hazent notificáronnos que Emprega.me é un servizo lexítimo que está en fase de probas e que pretende servir de innovadora plataforma para a promoción de demandas de emprego.