Emprenden accións legais contra un youtubeiro por analizar consolas retro
xoves, 17 de xullo do 2025
Francesco Salicini, administrador da canle de YouTube Once Were Nerd, anunciou que poderÃa acabar en xuÃzo e mesmo en prisión por publicar vÃdeos analizando consolas portátiles con Android que ás veces se venden con xogos clásicos preinstalados. A súa situación, que está a xerar preocupación na comunidade de creadores de contido centrado nos videoxogos, poderÃa marcar un precedente perigoso nun contexto no que a lexislación sobre dereitos de autor segue sen adaptarse ao panorama dixital actual.
Salicini asegura que o pasado 15 de abril a Guardia di Finanza rexistrou a súa vivenda e oficina, incautando máis de 30 consolas, incluÃdas unidades de marcas como Anbernic, Powkiddy e TrimUI. Tamén lle foi requisado o seu teléfono móbil, que non lle foi devolto ata dous meses despois.
O motivo da intervención estarÃa vinculado co artigo 171 ter da Lei italiana de Dereitos de Autor, redactada en 1941, que contempla penas de ata tres anos de cadea e multas de ata 15.000 euros para quen distribúa ou promova contido protexido sen licenza. A denuncia, que aÃnda se atopa en fase de investigación, menciona explicitamente ás compañÃas Nintendo e Sony, aÃnda que poderÃa ter sido impulsada directamente polo Ministerio de EconomÃa e Facenda italiano. Mentres a investigación non remate, a lexislación do paÃs non obriga a informar formalmente ao denunciado nin sobre os cargos concretos nin sobre quen os presenta.
A pesar de que a emulación é legal, a distribución de ROM segue a situarse nunha zona gris xurÃdica. As consolas que Salicini analizou nos seus vÃdeos ás veces inclúen tarxetas microSD con xogos precargados, feito que poderÃa estar na base da denuncia. Con todo, o youtubeiro insiste en que nunca promocionou estes dispositivos nin empregou ligazóns de afiliación, e que nos seus vÃdeos sempre advertiu que estas consolas deben utilizarse unicamente por quen posúa legalmente os xogos.
A situación tense agravado co bloqueo preventivo das súas canles en redes sociais por parte das autoridades, o que lle impide continuar coa súa actividade, mesmo para contidos que non teñen relación coa investigación. Para facer fronte aos gastos legais, Salicini puxo en marcha unha campaña de recadación de fondos.
A situación legal dos emuladores de consolas clásicas e máquinas recreativas foi sempre complicada, e normalmente só se persegue cando os dispositivos emulados corresponden con sistemas que seguen en fase comercial, polo que sorprende esta causa en Italia, especialmente sen que antes houbese ningún tipo de medida contra a canle de YouTube do denunciado (como presentar unha reclamación de copyright na plataforma ou contactar co creador solicitando a retirada dos contidos polémicos).
VÃdeo no que Salicini explica o acontecido
