En breve teremos un novo xogo de Pokémon para móbiles
mércores, 15 de maio do 2019
Hai
un par de anos iniciaron no Xapón as probas do xogo móbil Pokéland, que serÃa unha especie de adaptación do Pokémon Rumble que en 2009 saÃu para
Wii, e agora este tÃtulo inicia
as súas probas para Android en Australia baixo o tÃtulo de Pokémon
Rumble Rush, anunciándose que o seu lanzamento oficial
no Xapón será inminente e tampouco faltarÃa moito para que este xogo móbil
chegue ao noso territorio, pois na tenda de Google Play xa figura a a súa
descrición en español.
O Pokémon Rumble Rush é un xogo moi na
liña do que puidemos ver en Wii, co que comparte mecánicas de xogo, o que supón
que os xogadores tomarán o papel dun equipo de varias criaturas Pokémon de
xoguete que terán que ir percorrendo niveis enfrontándose a outras criaturas
que atacarán en grupos numerosos. O xogo chegará como free-to-play e contará con versións para Android e iOS.
- O novo xogo móbil é unha adaptación do Pokémon Rumble de Wii lanzado en 2009
VÃdeo no que podemos facernos unha idea de como será o novo xogo de Pokémon para móbiles