En febreiro teremos Street Fighter V: Champion Edition para PS4

luns, 18 de novembro do 2019 Marcus Fernández

Con Street Fighter V mudouse a práctica de lanzar diferentes actualizacións de pagamento do mesmo xogo e decidiuse ter un único xogo con actualizacións periódicas que poden conseguirse pagando con cartos reais ou con cartos conseguidos no xogo, buscando non segregar aos xogadores nos modos competitivos, e para facilitar a introdución no xogo coa maior cantidade de contidos posibles temos que en febreiro teremos Street Fighter V: Champion Edition, revisión do xogo que incluirá a meirande parte dos contidos adicionais que recibiu o xogo dende o seu lanzamento.
Temos así que Street Fighter V: Champion Edition contará con 40 personaxes, 34 escenarios e máis de 200 vestimentas para os loitadores, ou sexa, que sería a terceira grande versión do xogo, que en PlayStation 4 estará dispoñible por 29,99 euros en formato físico e dixital a partires do 14 de febreiro, existindo a opción de facerse cos seus contidos adicionais (se xa temos unha versión anterior) por 24,99 euros, aínda que lembrando que todos estes contidos poderán adquirirse por separado mediante con pagamentos en cartos reais con Fight Money.
Capcom tamén anuncia a recuperación de Gill, loitador final de Street Fighter III, que realiza ataques de lume e xeo, e que estrearase na Champion Edition, aínda que tamén poderá mercarse por separado por 5,99 euros ou por 100.000 Fight Money.

Tráiler de presentación de Street Fighter: Champion Edition

PUBLICIDADE