En outubro teremos un novo videoxogo de Astérix e Obélix
martes, 29 de xullo do 2025
Microids anunciou que o vindeiro 30 de outubro chegará a Nintendo Switch, PlayStation 5, Xbox Series X|S e PC o videoxogo Astérix & Obélix: Misión Babilonia, desenvolvido por Balio Studio. Nesta ocasión, os dous irredutibles galos deixan atrás a súa Armorica natal para emprender unha misión épica nos confÃns do Imperio Parto.
A historia lévaos ao corazón do Oriente, onde deberán salvar o rei Monipehni, envenenado polo perverso mago Embrouillahmini. Para atopar o antÃdoto, Astérix e Obélix cruzarán terras descoñecidas, recollerán ingredientes misteriosos e, como non podÃa ser doutro xeito, repartirán labazadas entre os soldados romanos que se crucen no seu camiño.
O xogo aposta por unha experiencia divertida e accesible, tanto en solitario como en modo cooperativo local, aproveitando as habilidades complementarias de Astérix e Obélix. Os xogadores poderán explorar catro mundos completamente novos, con ambientes visuais únicos, mecánicas propias e retos especÃficos. Desde desertos abrasadores ata os recunchos enigmáticos da antiga Babilonia, os escenarios están cheos de detalles e referencias á clásica banda deseñada.
Con combates dinámicos, enfrontamentos contra xefes espectaculares, niveis rexogables e segredos agochados, Misión Babilonia promete unha experiencia tan explosiva como divertida. Todo iso mantendo o humor irreverente e o espÃrito inconfundible do universo de Astérix.
O xogo incluirá máis dunha vintena de niveis, múltiples inimigos, desafÃos variados e moitas oportunidades para facer voar a lexión romana polos aires.
Tráiler de presentación do xogo
