Epic Games agasalla 3 grandes xogos ata o 9 de xaneiro
xoves, 2 de xaneiro do 2020
A
tenda de xogos de Epic Games ten ata o vindeiro 9 de xaneiro un importante
incentivo para animar aos xogadores a apostar por esta plataforma de xogos
descargables que como principal reclamo ten a Fortnite, pero que conta cun
catálogo de xogos que medra rapidamente e quere competir con Steam, o que non resulta
nada doado. Aparte das habituais rebaixas das tendas de videoxogos, a tenda dixital está a
ofrecer totalmente de balde 3 grandes xogos estes dÃas: Darksiders Warmastered
Edition, Darksiders II Deathinitive Edition e Steep.
Darksiders Warmastered Edition é a remasterización do primeiro
xogo da serie Darksiders, que destacaba por lucir deseños do debuxante
de banda deseñada Joe Madureira, e que presentaba ao xinete da Apocalipse
Guerra nunha aventura para evitar a anticipación da fin do mundo. Trátase dun xogo
de grandes combates e exploración, no que algúns definiron como un Zelda
para adultos.
A este xogo colleulle o relevo Darksiders II, protagonizado deste volta
por Morte, outro dos xinetes da Apocalipse, que desta volta destaca por contar
coa axuda do seu cabalo Desesperación para desprazarse máis rápido polas áreas
abertas.
Pola súa banda, Steep é un xogo moi diferente aos anteriores, xa que trátase
dun simulador de deportes extremos de inverto, que convÃdanos a explorar montañas
esquiando, en táboa de snow, facendo parapente ou incluso nun traxe de
ás. Unha proposta orixinal á que poderemos sumarnos de balde grazas a esta
promoción de Epic Games.
