Especialistas de Solitium explicaron en Ourense o marco normativo actual antifraude

venres, 23 de febreiro do 2024 S. P.

Este venres 23 de febreiro proseguiu o ciclo de xornadas informativas para as ermpresas Nexos Encontros por Ourense cun webinar desenvolvido baixo o título A nova normativa das leis antifraudes, que contou coa participación de Jaime López e Gerardo Portugués do Grupo Solitium, especialistas en software de xestión e xestión documental, respectivamente. A xornada foi presentada por Marisol Nóvoa, presidenta da CEO (Confederación de Empresarios de Ourense) e José Manuel Nogueira, coordinador de Banca Institucional en Abanca.
Ambos coincidiron na necesidade de manterse ao día dos grandes cambios tanto normativos como tecnolóxicos que se suceden no panorama empresarial.
O obxectivo da sesión de era repasar o novo marco da lexislación antifraudes, así como o regulamento de Sistemas Informáticos de Facturación (SIF) e, ao mesmo tempo, avanzar sobre a orde ministerial que en breve publicará o Ministerio de Facenda para fixar as bases que, a partir do 1 de xullo de 2015, rexerán na facturación para todas as empresas e profesionais.
Os relatores profundaron na nova configuración das facturas e nos sistemas que se empregarán a partir desa data, que permitirán comunicar automaticamente as facturas emitidas á Axencia Tributaria e comprobar a veracidade das mesmas a través do QR inserido. Jaime López centrou a súa intervención nas obrigacións que pemes, empresas e persoas autónomas terán a partir da entrada en vigor destas normativas, sobre todo no relativo aos requisitos do software de facturación utilizado. Igualmente, explicou en que consiste o sistema Verifactu e as vantaxes para emisor e receptor.
Pola súa banda, Gerardo Portugués fixo un repaso da Lei Crea e Crece, en vigor desde outubro de 2022, así como dos desafíos que supón para as empresas e a posíbel solución a través da xestión documental e a súa vinculación, a canalización en distintos fluxos en función de cada proceso e o acceso posterior aos documentos e a información. Fixo especial fincapé nos cambios que supón para as empresas a adopción da facturación electrónica e realizou unha demostración práctica do funcionamento dun software de dixitalización que axuda ás empresas coa xestión da información.

PUBLICIDADE