Espíritu del Bosque seleccionada para o Festival de Cine Medioambiental de Washington

venres, 17 de outubro do 2008 Raquel Noya

A terceira longametraxe do estudo galego de animación, Dygra Films, Espíritu del Bosque, segue a súa inmellorable traxectoria internacional dándose a coñecer nos mellores festivais de cine do mundo e deixando bo sabor de boca naqueles espectadores que asisten á súa proxección alá por onde queira que vai.
Nesta última volta, logo de ser seleccionada para participar no Festival Internacional de Cine Infantil de Chicago, tamén vén de ser escollida polo Festival de Cine Medioambiental de Washington para competir na súa sección oficial.
O certame, que terá lugar entre os días 11 e 22 de marzo do vindeiro ano, vai xa pola súa décimo séptima edición e este ano escolleu o filme galego xunto con outras 120 películas infantís que teñen como punto en común a temática ambiental.
Nembargantes, esta é a segunda vez que Dygra Films acude ao certame, logo de que, no 2002 gañara xa o Premio do Público con El Bosque Animado.