Esta semana sae á venda unha nova entrega do popular Brain Training para Nintendo DS
martes, 26 de xuño do 2007
Este venres porase á venda a segunda parte de
Brain Training, un dos títulos para Nintendo DS de máis xéito, que axuda a
mellorar a actividade cerebral dándolle novos retos ós miolos e, se iso non
fose atractivo suficiente para chamar a atención no xogo, Nintendo
vén de fichar á actriz australiana Nicole Kidman para a campaña promocional
de Más
Brain Training.
Kidman
declarouse afeccionada á Nintendo DS e destacou que lle “encanta o concepto de Nintendo achegándose a
novas audiencias mellorando os seus propios produtos como Brain Training”. Tamén
recoñeceu que adestrar o seu cerebro lle permite manter a súa mente nova.
O Más Brain
Training achega 14 novos xogos e máis diversión multixogador (con 4
minixogos que aceptan ata 16 xogadores) e se poderá mercar en tendas españolas
a un prezo recomendado de 29,95 euros.
