Este ano teremos xogo oficial do DAKAR

venres, 12 de xaneiro do 2018 Marcus Fernández

Bigmoon Entertainment e Deep Silver/Koch Media anunciaron hoxe o acordo de distribución global e publicación conxunta de DAKAR 18, un xogo de carreiras de rally todoterreo que aspira a ofrecer un dos mundos abertos máis grandes creados nun videoxogo de carreiras e que verá a luz este ano para PlayStation 4, Xbox One e PC.
O xogo está baseado no rally anual campo a través máis famoso do mundo, organizado por Amaury Sport Organisation en Sudamérica, e pretende crear unha simulación realista na que poderemos conducir motocicletas, coches, camións, quads e SxS.
Aínda que o xogo contará con modo de xogo sen conexión, principalmente para mellorar as habilidades en carreira, o seu punto forte será a competición en batallas multixogador en liña.

No xogo poderemos conducir distintos tipos de vehículos

Tráiler do DAKAR 18

PUBLICIDADE