Este verán Nadal chegarán os xogos baseados na pelÃcula Star Wars: The Clone Wars
xoves, 19 de xuño do 2008
- O xogo para Wii achegará un orixinal sistema de xogo
Nintendo está a preparar xogos
baseados na nova pelÃcula Star Wars: The
Clone Wars para Wii e DS, que se agardaban para o outono, pero a
empresa nipona anuncia que finalmente estarán dispoñibles no verán (supomos que
para coincidir coa estrea da pelÃcula).
O xogo para Wii chamarase Star Wars The
Clone Wars: Lightsaber Duels, é un traballo de Krome Studios, e ofrecerá
diversión para toda a familia grazas ás súas batallas de espadas de luz e á recreación
dos personaxes, escenarios e duelos épicos da nova serie animada da saga
galáctica creada por George Lucas. Ao facer uso do mando da Wii para manexar as
espadas de luz crean unha nova experiencia de uso que será moi do agrado dos
afeccionados de Star Wars.
- Imaxe do xogo para DS
Ken Fox, un dos produtores do xogo para Wii, asegurou que o xogo «non é un simulador de espada de luz»
pero resulta moi intuitivo, e asÃ, cando, por exemplo, se move o mando de
esquerda a dereita, o personaxe en pantalla fai o mesmo.
Para Nintendo DS, en cambio,
o xogo chamarase Star Wars The Clone
Wars: Jedi Alliance, e nace da colaboración entre o equipo de Singapur de
LucasArts e Lucasfilm Animation. AÃnda que non será tan espectacular como o
tÃtulo para Wii, tamén fará un orixinal uso do lapis táctil da DS para
controlar os movementos dos cabaleiros jedi.
Un dos responsables do proxecto da versión de DS, Feargus Carroll, asegurou que
a combinación de botóns e a
pantalla táctil de xeito que «usar a Forza nunca foi tan doado».
Tamén detallou que o xogo poderá xogarse en modo cooperativo.
ACTUALIZACIÓN: Activision informou sobre a demora do lanzamento destes xogos ao Nadal de 2008.