Estréase na Rede un concurso centrado na industria pornográfica
xoves, 19 de maio do 2016

- David Caspian (concursante), Keiran Lee e Asa Akira (xuíces) de The Sex Factor
Nos
últimos anos vimos como as plataformas de vídeo baixo demanda conseguían
facerse un oco na carta de consumo audiovisual habitual, contando con moitos
contidos producidos directamente para Netflix, Amazon Prime ou Hulu, e nesta
liña están a sorprender con The Sex Factor, un concurso televisivo con
toques de reality que preséntase como
“unha serie orixinal de xHamster” e que presenta a 8 mozas e 8 mozos competindo
por converterse en estrelas do porno, para o que coñecerán os detalles desta
industria tan opaca.
Os aspirantes a facerse co premio de 1 millón de dólares contan con estrelas do
cine adulto (Asa Akira, Remy LaCroix, Lexi Belle, Tori Black e Keiran Lee) que
instruirán e xulgarán aos concursantes desta produción audiovisual que só pode
seguirse a través da Internet con periodicidade semanal, o que pretende ser o
primeiro de varios reality shows que
están a desenvolverse tras a compra dunha produtora audiovisual por parte de
xHamster.com, unha das páxinas de vídeos pornográficos máis importantes do
mundo, que busca así explorar novos formatos e áreas de negocio.
O éxito de The Sex Factor parece
asegurado, pois xa están a realizar as audicións para unha segunda tempada
desta serie de episodios de media hora que pretenden desmitificar o mundo do
porno, e que a partires de hoxe pasa a someterse ao xuízo dos espectadores que
terán que decidir se este formato audiovisual tan gastado pode renovarse con só
mudar o ámbito profesional ao que se aplica.
Tráiler da primeira tempada de The Sex Factor
