Europeana, o museo virtual europeo, leva varios días operativo

luns, 29 de decembro do 2008 Marcus Fernández

En novembro a grande enciclopedia virtual europea a través da Internet tivo unha accidentada estrea, e o seu intento de achegar 2 millóns de arquivos de todo tipo (entre cadros, fotografías e toda clase de documentos dixitalizados) se veu demorado de novembro a decembro, e agora xa podemos acceder a este novo servizo en liña, que continúa a estar moi verde, pois aínda presenta multitude de fallos (non se pode considerar como unha web plenamente operativo, senón en fase de probas), así como limitación no número de accesos simultáneos, polo que debermos agardar moitos meses antes de saber se Europeana poderase converter nunha alternativa á Wikipedia, nun museo virtual europeo ou quedar coma un proxecto mal xestionado.
Os contidos deste servizo proveñen das Bibliotecas Nacionais de cada país europea e dalgúns museos que se adheriron ao proxecto, e resultan de interese especial para investigadores, aínda que segundo medren os fondos catalogados tamén aumentará o interese que pode achegar esta iniciativa que o vai ter moi difícil para pórse á altura doutras iniciativas semellantes a nivel mundial.