ExpOtaku encherá de videoxogos EXPOCoruña até o domingo

venres, 25 de maio do 2018 Marcus Fernández

Esta mañá comezou no recinto feiral de EXPOCoruña a novena edición de ExpOtaku, un encontro sobre o manga, o anime, o cosplay e outras mostras culturais alternativas, e no que os videoxogos gañaron moito peso nos últimos converténdose nun dos seus principais atractivos. Esta edición conta con 75 postos completos de xogo, con pantallas de 40 polgadas, consolas das dúas últimas xeracións, emuladores retro, consolas Nintendo Switch e, como interesante novidade, unha serie de máquinas recreativas xaponesas que permite recuperar o espírito das salas de xogo de finais dos 80 e primeiros dos 90.
No recinto tamén hai lugar para charlas, obradoiros, sesións de sinaturas, xogos do máis variado, cosplay, karaoke e moitas outras cousas. Por exemplo, na sesión de mañá, ás 12:00 horas Álex Méndez impartirá unha charla sobre Metal Gear: Historia e legado de Hideo Kojima; e a continuación, ás 13 horas, o youtubeiro Kalathras realizará unha sesión de sinaturas.
Tamén terá lugar un torneo de League of Legends de 5 contra 5 organizado por LolCon a partires das 11:00 horas e no resto da xornada están programados os seguintes torneos:
11:00 horas – Torneo de Rivals of Aether (PC) (Legión Gamer)
12:00 horas – Torneo de Mario Kart 8 Deluxe (Nintendo Switch)
12:00 horas – Torneo de Pokémon OverUsed (Asociación Freak)
13:00 horas – Torneo de Windjammers (PC) (Legión Gamer)
15:00 horas – Torneo de FIFA 18 (PS4) (Legión Gamer)
16:00 horas – Torneo de Super Smash Bros (Wii U)
16:00 horas – Torneo de Guilty Gear Xrd Rev 2 (PS4) (Legión Gamer)
17:00 horas – Torneo de Touhou 15.5 Antinomy of Common Flowers (PC) (Legión Gamer)
18:00 horas – Torneo de Injustice 2 (PS4) (Legión Gamer)
19:00 horas – Torneo de Fatal Fury Real Bout 2 (PS4) (Legión Gamer)

Actividades do domingo

Xa durante o domingo os torneos serán os seguintes:
11:00 horas – Torneo de Twinkle Stars Sprites (PS4) (Legión Gamer)
12:00 horas – Torneo de Street Fighter II (Super NES Mini)
13:00 horas – Torneo de Tekken 7 (PS4) (Legión Gamer)
14:00 horas – Torneo de Pokemon Ultrasol/Ultraluna (N3DS) Normas: VGC2018 (Legión Gamer)
15:00 horas – Torneo de Naruto Ultimate Ninja Storm 4 – Road to Boruto (PS4)
15:00 horas – Torneo de Hyper Dragon Ball Z (PC) (Legión Gamer)
16:00 horas – Torneo de Dragon Ball FighterZ (PS4) (Legión Gamer)
17:00 horas – Torneo de Ultra Street Fighter II (Nintendo Switch) (Legión Gamer)
18:00 horas – Torneo de Street Fighter V (PS4) (Legión Gamer)
19:00 horas – Torneo de Divekick (PC) (Legión Gamer)
Ás 11:00 horas tamén iniciarán as semifinais e a final do torneo de League of Legend. O youtubeiro Kalathras dará unha charla ás 12:00 horas, e ás 13:00 horas o tamén youtubeiro RanguGamer impartirá unha charla na que abordarán a relación entre os videoxogos e a violencia xuvenil.

As consolas clásicas tamén teñen espazo en ExpOtaku

PUBLICIDADE