Expomanga: tres dÃas de cómics e videoxogos arredor da cultura xaponesa
mércores, 21 de febreiro do 2007
O manga e a cultura xaponesa en xeral teñen en todo o mundo unha importante lexión de seareiros, coma unha especie de loxia onde moito é o que se sabe dentro dela sobre o tema e moi pouco fóra. Ou sexa: que se non estás na allada, non vas entender nada. Se cadra un bo xeito de solucionalo é acudir a encontros como o que se vai celebrar en Madrid entre os dÃas 1 e 4 de marzo, unha xuntanza onde ademais de cómics e pelÃculas vaise presentar, intercambiar e poñer a proba todo tipo de videoxogos relacionados con esta particular tendencia artÃstica oriental.
O nome da xuntanza é Expomanga e, segundo a organización esta convocatoria 2007 vai vir máis ateigada de tolemias ca nunca.
O Pavillón da Pipa do Recinto Feiral da Casa de Campo (o espazo elixido) acollerá todo tipo de actividades: cosplay, karaoke, proxeccións, relatorios, mesas redondas, exposicións, concursos e mesmo premios da crÃtica e o público ós creadores. Na área de videoxogos, Microsoft vai acudir cunha serie de consolas Xbox 360 e os seguintes xogos a disposición dos participantes nos concursos: Gears of War, Lost Planet, Pro Evolution Soccer, Dead or Alive 4, Dead or Alive Extreme 2 e Guitar Hero II. Cómpre sinalar que tanto Gears of War como Guitar Hero II (Activision) vanse poder probar a fondo neste salón un mes antes de que se poñan as versións para Xbox á venda. A consola de Microsoft terá o seu propio stand.