Expulsan para sempre de Fortnite a un youtubeiro por facer trampas
martes, 5 de novembro do 2019
O youtubeiro Faze Jarvis, con 2 millóns de subscritores na súa canle,
vén de recibir un veto permanente no xogo Fortnite despois de compartir
vÃdeos (xa borrados) nos que podÃa verse como empregaba aimbots, ou
sexa, software que facilita a realización de trampas para, por exemplo, non
errar ningún disparo nas partidas.
Jarvis publicou un vÃdeo en YouTube no que conta o acontecido e di estar moi
arrepentido, asegurando que nunca se lle pasara pola cabeza que puideran
expulsalo de por vida do xogo de Epic Games. Dado que a canle de YouTube de
Jarvis aliméntase basicamente de vÃdeos de Fortnite, a expulsión do xogo
supón o adeus á súa vida profesional como creador de contidos en liña.
As condicións de uso de
Fortnite deixan moi claro que está prohibido «crear, desenvolver,
distribuÃr ou utilizar calquera programa de software non autorizada para obter
vantaxes en calquera modo de xogo en liña ou doutro tipo», polo que a perrencha
de Jarvis porque cometese a súa infracción fóra dunha competición non terÃa
xustificación, e dende
Epic Games sosteñen que teñen «unha polÃtica de tolerancia cero» ante o uso de
software para facer trampas, destacando que os usuarios que fan trampas
estragan a experiencia de xogo para os usuarios que xogan limpo.
Jarvis comenta que nunha competición pasada expulsouse temporalmente a
xogadores que fixeran trampas, pero o que parece ignorar é que as trampas
consistiran na realización de pactos entre eles, non no emprego de aplicacións
que muden o xeito de funcionamento do xogo, polo que non é xusto acusar a Epic
de ter criterios incosistentes.
AÃnda que o youtubeiro parece confiar en conseguir o perdón desculpándose, manter
a súa expulsión semella o máis intelixente por parte de Epic Games, que
conseguirÃa asà disuadir a moitos trampóns potenciais.
VÃdeo no que Faze Jarvis descúlpase por facer trampas en Fortnite