FIFA 20 chega ás tendas
venres, 27 de setembro do 2019
O que para moitos é a compra obrigada do anoxa está aquÃ:
chega a Xbox
One, PlayStation
4 e PC o
novo EA Sports FIFA 20, que no
caso de Nintendo Switch limÃtase a unha Edición Legacy, ou sexa, sen
novidades máis aló da actualización dos datos dos xogadores.
Esta nova entrega de FIFA recibe numerosas melloras no ámbito do xogo, o
FIFA Ultimate Team agrega novas opcións, con Football Inteligence acada
novas cotas de realismo...
pero o detalle que está a captar maior atención é a
estrea de EA Sports VOLTA, un novo modo de xogo que recupera os partidos
a escala urbana, ou sexa, que dentro do FIFA incorporaron o que na
anterior xeración de consolas chamaba FIFA Street, e que conseguira
certo éxito durante 4 edicións.
VOLTA non será un simple modo de xogo básico, senón que contará con
grandes niveis de personalización, competicións en liña e a posibilidade de
xogar en distintas variacións de xogo, que van dende un 3 contra 3 sen porteiro
até coas normas do fútbol sala, de aà que non serán poucos os que queiran dar
unha oportunidade a este modo de xogo.
- O fútbol urbano chega a FIFA 20 como EA Sports VOLTA
Tráiler de lanzamento de FIFA 20