FX Interactive distribuirá WorldShift en España

xoves, 8 de maio do 2008 Marcus Fernández

FX Interactive está a anunciar o desenvolvemento de WorldShift, un novo xogo do creador de Tzar, e que supón o paso definitivo para que a estratexia en tempo real conquiste o mundo en liña, pois este xogo permite introducirse nun mundo de alxubes e dragóns onde o reto é sobrevivir.
O usuario poderá personalizar o seu escuadrón de elite (que evolucionará segundo o estilo de xogo), permitirá xogar en equipo para superar complicadas misións e se apoiará nunha comunidade en rede.
Polo momento podemos facer un achegamento a este título a través da súa versión demostrativa que contén 2 mapas multixogador (para modo cooperativo e tamén 1 contra 1), pero o mellor de todo é que este título estará totalmente traducido e dobrado ao español, algo pouco habitual neste tipo de xogos.
Aínda non ten data de chegada a España, pero podemos intuír que terá un prezo moi axustado e se distribuirá de xeito masivo en quioscos e moitos outros puntos de venda coma vén sendo habitual en FX Interactive.
Mentres tanto, podemos facernos unha idea de cómo será o xogo vendo o seu trailer:

PUBLICIDADE