FaceBreaker recuperará as raíces arcade dos xogos de boxeo

venres, 1 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

A deformación das caras dos púxiles no xogo pode resultar cómica

EA Sports anunciou o lanzamento de FaceBreaker, un xogo de boxeo que fuxirá do hiper-realismo das 3 entregas de Fight Night e amosando unha aparencia cómica, na que as caras dos contrincantes se deforman en tempo real, o que será un dos detalles máis rechamantes deste novo título que volverá ás raíces dos xogos arcade, levando o xogador directamente ós combates, no que parece a volta ó xénero arcade de boxeo (lonxe da simulación).
Os personaxes do xogo tamén serán moi curiosos, coma o latin lover coñecido coma Romeo ou o ruso experto en demolicións, Molotov. Para maior diversión do usuario tamén se incluirá a tecnoloxía Photo Game Face, que permitirá que os xogadores utilicen o seu propio rostro no xogo, que se irá deformando ó recibir golpes.

PUBLICIDADE