Facebook abre máis a súa API ameazando a Twitter

luns, 9 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Facebook deu a coñecer a apertura de moitas funcións da súa API como a actualización do estado dos usuarios, as anotacións, as ligazóns e os vídeos, como antes xa permitían coa subida de fotografías, de xeito que facilitan o manexo de toda esta información mediante distintos métodos, de xeito que sería posible que webs alleas que utilizasen Facebook Connect empregasen permitisen aos seus usuarios manipular estas informacións publicadas en Facebook, ampliando o ecosistema desta plataforma de redes sociais e podendo asestar un duro golpe a Twitter, posto que hai moitas semellanzas entre as actualizacións do estado en Facebook e os micropost de Twitter, e canto máis estea aberta a plataforma da compañía fundada por Mark Zuckerberg máis uso poderían facer da mesma os seus usuarios.
Pese ao potencial canibalizador de ambos servizos, parece que medran en paralelo, e Twitter consegue conservar constante o seu crecemento pese a ter unha dura competencia, aínda que esta situación podería non conservarse a longo prazo, e a apertura das API de Facebook podería ferir de morte a Twitter.