Facebook permite incrementar a visibilidade dos perfÃs de usuario
martes, 17 de marzo do 2009
Dende
Facebook amplÃan
as opcións de configuración da privacidade dos seus perfÃs, de xeito
que os usuarios que desexen unha maior difusión da súa persoa poden optar a
abrirse a calquera persoa (non só aos seus amigos e xente relacionada) mentres
o resto poden protexer a súa actividade na rede social das miradas alleas.
As configuracións actuais do servizo non se modificarán, polo que os usuarios
máis preocupados por manter a súa intimidade poden seguir facéndoo, mentres que
a actividade de figuras públicas (coma os polÃticos, que ultimamente fixeron
bastante campaña nesta plataforma) poderÃa seguirse sen ter que facerse amigos deles.
A apertura de moitos perfÃs tamén pode ter como utilidade que facilita a súa
localización por parte de vellos amigos e compañeiros, que poden comprobar
rapidamente se detrás dun nome e apelido está a persoa que esperan.
De todos os xeitos, o control da visibilidade das contas continúa a ser elección
dos usuarios, libres de elixir entre un uso máis ou menos público de Facebook.