Facebook supera os 100 millóns de usuarios
martes, 26 de agosto do 2008

- Morin informando a través de Twitter do momento histórico para Facebook
A rede social de
maior crecemento do mundo, Facebook, vén
de superar a barreira dos 100 millóns de usuarios, segundo publicou un dos
seus directivos, Dave Morin, dende a súa conta de
Flickr.
O principal competidor de Facebook, a rede social de MySpace, xa superou os 100
millóns de usuarios en 2006, polo que continúa a levarlle a dianteira, aÃnda
que cómpre destacar que o perfil de usuario de cada unha das redes é moi
diferente, de xeito que en MySpace destaca a presenza de grupos musicais,
mentres que Facebook se ve máis coma un lugar de encontro entre estudantes
universitarios.
Ambas plataformas tamén teñen certos problemas para garantir a súa
supervivencia a longo prazo, pois resulta difÃcil rendibilizar os seus servizos,
especialmente no caso de Facebook, que ten uns ingresos publicitarios bastante
reducidos en contraste co seu éxito de público.
