Facebook tamén supera a MySpace nos EE.UU.

mércores, 17 de xuño do 2009 Marcus Fernández

A guerra polo dominio nas plataformas de redes sociais baseadas na Internet leva xa un tempo cun claro gañador, pero nos EE.UU. Facebook aínda non superara a MySpace, o que vén de realizar segundo datos que manexa ComScore, e que daría unha lixeira vantaxe ao servizo de Mark Zuckerberg, que finalmente superou os 70 millóns de visitantes únicos en maio fronte aos 67 millóns que tivo en abril.
Pero de falar a escala global, a distancia entre estes xigantes é inmensa, con 307 millóns de visitantes en maio por parte de Facebook, mentres que MySpace ten que conformarse con 123 millóns.
De todos os xeitos, non hai que esquecer que a audiencia internacional destes tipo de servizos é difícil de capitalizar, especialmente nun modelo de negocio baseado na publicidade, polo que coma negocio MySpace aínda ten bastante que dicir, que cómpre destacar que esta última plataforma está a converterse en todo un estándar para profesionais do sector musical, o que permítelle un certo grao de especialización.