Facebook xa está dispoñible en español

venres, 8 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

A rede social que está máis de moda nos últimos meses, Facebook, finalmente estrea unha interface en español, froito dun proxecto de tradución no que participaron preto de 1.500 hispanofalantes, de xeito que os 2,8 millóns de usuarios desta web en España e América Latina poderán facer un uso máis cómodo da mesma.
Os usuarios que queiran configurar Facebook para a súa visualización en español deberán entrar na sección Account > Languages, onde se pode elixir entre español e inglés para a interface da plataforma web.
Tamén se completou a tradución a italizano, alemán ó francés, grazas á colaboración dos usuarios de fóra dos EE.UU., que suman preto de 64 millóns.