Facebook xa supera a MySpace en usuarios únicos ao mes
luns, 16 de xuño do 2008
En EE.UU. a rede social máis
forte é sen dúbida MySpace, pero nos últimos meses, grazas en boa medida pola
apertura internacional, Facebook
conseguiu superalo en número de usuarios únicos segundo información
publicada por Comscore (en relación ao número de visitas de ambos servizos, que
xa superan os 115 millóns de usuarios únicos/mes).
A nivel norteamericano, MySpace ten 72 millóns de usuarios únicos/mes, mentres
que Facebook ten a metade, polo que dende MySpace parecen tranquilos, mentres
que Facebook parece estar arrasando grazas a unha estratexia global da que
aÃnda queda por ver cómo sacan proveito, dado que o modelo de explotación
publicitaria de Facebook aÃnda non está moi claro.
Pero o éxito de público de Facebook é innegable, triplicando o seu número de
usuarios únicos nun ano. Queda por ver se este crecemento é positivo para este
tipo de empresas, pois parece
ser que a eficiencia da publicidade en redes sociais non é tan boa como en
espazos web tradicionais.

