Falcatruada permite descargar temas musicais de balde dende ClubeDixital.com

luns, 3 de decembro do 2007 Marcus Fernández

O selo discográfico Falcatruada creou unha nova canle de difusión da súa música a través da Internet, Clube Dixital, que permite escoitar, descargar e compartir os temas promocionais de artistas coma Xosé Manuel Budiño, The Homens, Silvia Penida, Xosé Lois Romero, Sevigny, Nordestin@s, Talesien, Loretta Martín ou Narf.
En contraste con outras iniciativa semellantes, a plataforma galega ofrece os temas musicais en MP3 sen protección DRM, flexibilizando a súa reprodución. A web tamén serve para amosar os vídeos musicais dos distintos autores, así como as ligazóns correspondentes para poder mercar os seus discos tanto en CD (na Trastenda) ou en descarga (en iTunes).

PUBLICIDADE