Falece o creador do código Konami
mércores, 26 de febreiro do 2020
Unha triste nova para os amantes dos videoxogos é o pasamento esta
semana de Kazuhisa Hashimoto, un desenvolvedor de videoxogos xaponés a quen
se atribúe a creación do código Konami, unha secuencia de movementos e
pulsacións que habÃa que realizar para activar trucos en certos xogos ou para
desbloquear ovos de Pascua.
Hashimoto terÃase inspirado no Xevious (tÃtulo que agochaba varios
segredos) e creou a célebre secuencia popularizada nos xogos de Konami (arriba,
arriba, abaixo, abaixo, esquerda, dereita, esquerda dereita, B, A) como un
xeito para activar trucos para a conversión de Gradius para consolas
domésticas, xa que o xogo resultáballe demasiado difÃcil. Curiosamente esta
funcionalidade quedou no xogo final, aÃnda que serÃa co xogo Contra (Gryzor
en Europa) cando se popularizarÃa o código Konami.
Dentro de Konami converteuse en toda unha tradición incluÃr ese truco nos seus
xogos, pero co tempo houbo moitas outras compañÃas que fixeron o mesmo nos seus
tÃtulos a xeito de homenaxe, para poder asà desbloquear personaxes, recibir
algunhas vida extra ou, simplemente, desvelar unha mensaxe misteriosa dos
creadores do xogo.
