Farming Simulator terá a súa propia liga de eSports

xoves, 24 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

Os xogos da serie Farming Simulator son todo un éxito no mundo dos ordenadores persoais dende hai anos, confirmando que no sector dos simuladores hai espazo para case todo. De feito, esta franquía incluso deu o salto a Xbox One e PS4, e tampouco deixou de lado á Nintendo Switch e aos dispositivos móbiles, aínda que o último anuncio e GIANTS Software e moito máis revelador: terán unha liga oficial con 250.000 euros en premios.
A Farming Simulator League levará a esta saga de xogos de simulación de granxas un paso máis adiante no mundo dos eSports, con 10 torneos ao longo de Europa, de xeito que ao remate da tempada os mellores equipos competirán polo título de campión e 100.000 euros en premios. Esta segunda tempada do Farming Simulator Championship terá distintos premios nos seus torneos, de xeito que en total destinaranse 250.000 euros a premios, o que será un grande reclamo para a competición que suporá a consolidación do novo Farming Simulator 19. Temos así que non só os simuladores bélicos ou deportivos son válidos como eSports, senón que tamén é posible competir por ver quen é o mellor granxeiro virtual.

Farming Simulator 19 é un xogo de nicho que pertence a unha serie que conseguiu vender millóns de unidades pese a non ser un título bélico ou deportivo

PUBLICIDADE