Fernando Salgado destaca a que a dixitalización do audiovisual promove a democratización dos medios
xoves, 5 de febreiro do 2009

- O secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, inaugurou a Xornada sobre o cambio do modelo de negocio no sector audiovisual.
O secretario xeral de
Comunicación, Fernando Salgado, destacou
esta mañá que a dixitalización «promove a
democratización dos medios» na medida en que a facilidade na creación
de contidos supón que os soportes tradicionais dispoñan dos instrumentos para
converterse en grupos de comunicación multimedia. Asà o salientou na
inauguración da Xornada
sobre o cambio do modelo de negocio no sector audiovisual promovida
pola Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual (AEGA), un acto no que
estivo acompañado polo presidente da mesma, Ramón RodrÃguez Rego. A xornada
pretende analizar a chegada da TDT a través da participación de todos os
actores protagonistas do proceso: as administracións, as canles de televisión e
as produtoras de contidos.
Na súa intervención, Fernando
Salgado expuxo que o proceso de dixitalización do audiovisual conleva moito
máis que unha simple remuda tecnolóxica. AsÃ, incidiu, «ten que ser moito máis que o viño de sempre en novas botellas».
Ademais da dixitalización da difusión que ten que ver coa televisión dixital
terrestre, cinemas dixitais e audiovisual por internet, prodúcese unha
dixitalización integral de toda a cadea de valor do audiovisual e mesmo do
resto dos fluxos de traballo das empresas audiovisuais; arquivo, xestión
financeira e de persoal, adquisicións, contratación e emisión de publicidade.
Neste sentido, o secretario xeral
de Comunicación subliñou que a dixitalización facilita unha nova maneira de
facer e entender o audiovisual. Un cambio que, no caso das televisións públicas,
debe servir para «reforzar o seu papel de
servizo ao cidadán, para diferenciarse de entre todas as opción dispoñibles e
garantir un uso eficiente dos recursos públicos».
