FÃltrase que Mega Man e NiGHTS estarán presentes en Sonic Racing: CrossWorlds
venres, 19 de setembro do 2025
O esperado Sonic Racing: CrossWorlds, que estreou versión de demostración esta mesma semana e ten previsto chegar ás tendas o vindeiro dÃa 25, chegou ás mans dalgúns xogadores antes de tempo despois de que certos establecementos incumprisen a data oficial de lanzamento. As copias fÃsicas non só permitiron que algúns seareiros de Sonic se adiantasen, senón que tamén destaparon unha sorpresa: un folleto incluÃdo na caixa confirma un DLC adicional protagonizado por Mega Man.
SEGA xa anunciara que o xogo contarÃa cun amplo elenco de personaxes dispoñibles tanto na versión base como mediante contido descargable. Os habituais Sonic, Tails, Knuckles, Shadow ou o propio Dr. Eggman comparten protagonismo con convidados como Bob Esponxa, as Tartarugas Mutantes e personaxe do universo de Avatar. O que non se sabÃa é que o heroe azul de Capcom tamén formará parte da folla de ruta do pase de tempada.
O folleto non concreta a data de chegada deste DLC, limitándose a un vago moi pronto. Porén, dado que os paquetes de Minecraft e Bob Esponxa están previstos para outubro e novembro, respectivamente, os seguidores especulan con que a aparición de Mega Man poderÃa chegar en xaneiro, se SEGA mantén unha cadencia mensual de lanzamentos.
As filtracións suxiren que NiGHTS tamén poderÃa formar parte da listaxe de pilotos, tras aparecer nunha imaxe da contraportada. Ese personaxe, creado por Sonic Team en 1996 para Nights into Dreams, converterÃase asà noutra homenaxe á historia de SEGA dentro dun proxecto que xa está a xerar moita expectación.
O tÃtulo chega nun momento marcado pola rivalidade histórica entre Sonic e Mario, e mentres Mario Kart World está presente en Nintendo Switch 2 pechado en plataformas e personaxes, CrossWorlds aposta por todo o contrario, coa mestura de universos e incluso con versións para Switch e Switch 2.
