Final Fantasy VIII Remastered sae á venda
martes, 3 de setembro do 2019
A oitava entrega da serie Final Fantasy, lanzada
inicialmente para a PlayStation orixinal en 1999, que destacaba por afastarse
de elementos fantásticos e do esquema de xogabilidade (baseado na acumulación
de maxias en vez de na suba de nivel), volve ao mercada nunha edición
remasterizada que podemos mercar dende hoxe para Xbox
One, PlayStation
4, Nintendo
Switch e PC.
Final Fantasy VIII
Remastered inclúe melloras, non só a nivel gráfico, senón tamén de
personalización, para poder axustar a dificultade e a experiencia de xogo.
Poderemos asà contar con batallas máis doadas (barras de VIT e BTC ao máximo e
lÃmites sempre dispoñibles), a posibilidade de multiplicar a velocidade por 3,
eliminar os encontros, contar con todos os obxectos e habilidade, gozar do
nivel máximo GF, guiles máximos e maxia máxima ou contar con todos os lÃmites e
cartas.
O xogo sitúanos en Galbadia en tempos de guerra, tomando o rol de Squall, que
xunto con outros membros de Seed, unha unidade de mercenarios de elite, unen
forzas con Rinoa, da resistencia, para enfrontarse ao tiránico réxime da bruxa
Edea.
VÃdeo promocional de Final Fantasy VIII Remastered