Final Fantasy XIV terá versión para móbiles
mércores, 20 de novembro do 2024
O xogo de Square Enix Final Fantasy XIV está dispoñible para ordenadores persoais dende 2010, e aÃnda que no seu dÃa explorouse a posibilidade de que o xogo chegase a Xbox 360 e PlayStation 3, finalmente quedou relegado a PC, polo que moitos seareiros do tÃtulo agradecerán o anuncio de que licenciasen o xogo a Lightspeed Studios para que desenvolvese Final Fantasy XIV Mobile baixo a supervisión de Naoki Yoshida, director desta serie de xogos.
Final Fantasy XIV Mobile ofrecerá unha variedade de razas xogables coas súas respectivas aparencias, nove oficios de lanzamento e un sistema de armerÃas que facilita o cambio de oficio para unha maior liberdade nas aventuras. O xogo contará cun sistema de combate optimizado para dispositivos móbiles, mantendo a esencia do xogo orixinal, herdando tamén o aspecto acolledor da comunidade, permitindo vivir a experiencia en solitario ou en compañÃa doutros xogadores.
Polo momento descoñécese cando verá a luz este tÃtulo, pero os seus responsables teñen a intención de que conte con fases de proba, que presumiblemente contarán cunha grande participación dado o interese que captan sempre os xogos desta saga.
VÃdeo no que anuncian que están a traballar nunha versión para móbiles de Final Fantasy XIV