Final Fantasy XV chegará a PC en marzo
martes, 16 de xaneiro do 2018
O vindeiro 6 de marzo sairá á venda o Final Fantasy
XV: Royal Edition, ampliación do xogo de Square Enix que incorpora un
mapa adicional (ruÃnas da cidade de Insomnia), novas opcións de xogo (modo de cámara
en primeira persoa), novas pezas de equipo, novos xefes, todos os contidos do
pase de tempada do xogo orixinal e máis dunha ducia de contidos descargables.
Por fin para PC
Pero esta especie de versión completa
de Final Fantasy XV non chega soa,
senón que tamén coincide en lanzamento coa versión para Windows, o que
permitirá gozar non só do xogo con todos cos contidos de consola antes
mencionados, senón tamén tirar proveito do grande hardware que teñen moitos gamers, de xeito que Final Fantasy XV:
Windows Edition moverase en 4K nativos con HDR10 e incluso é posible
configuralo para que funcione ata a 8K, nivel de detalle que non está
dispoñible en consolas.

- Final Fantasy XV para Windows funciona con resolucións de ata 8K
VÃdeo de presentación da edición para Windows de Final Fantasy XV
