Fist of the North Star: Lost Paradise estrea demo para PS4

martes, 4 de setembro do 2018 Marcus Fernández

A célebre franquía de manga de El Puño de la Estrella del Norte ou Hokuto no Ken (adaptada ao anime e incluso a un filme de imaxe real), pese a ter nacido nos anos 80, continúa a estar viva, especialmente no ámbito dos videoxogos, no que terá unha nova entrega o 2 de outubro, Fist of the North Star: Lost Paradise.
Estamos ante un novo capítulo dentro da saga Hokuto Shinken, no que o mestre en artes marciais Kenshiro esnaquizará aos seus inimigos empregando as ducias de técnicas que podían verse no manga orixinal. Nesa aventura o heroe terá que percorrer un mundo devastado tras unha apocalipse nuclear para rescatar á súa alma xemelga. E para que non sexa preciso esperar a outubro para saber como será este novo xogo, hoxe mesmo estrea versión de demostración para PlayStation 4.
Lost Paradise é o primeiro xogo de Fist of the North Star da actual xeración de consolas, tendo que remontarnos a 2013 para ver a anterior entrega, Ken’s Rage 2 para PlayStation 3.

JPEG - 105 KB
Fist of the North Star: Lost Paradise é un xogo de loita que reflicte fielmente as técnicas que aparecían no manga orixinal

PUBLICIDADE