Forbes.com revela por qué son tan caros os videoxogos
mércores, 27 de decembro do 2006
Igual que o que sucede coa música ou coas pelÃculas en DVD, cada vez
son máis os usuarios que se queixan dos elevados prezos dos videoxogos, que
poden chegar ós 70 euros nalgúns casos. A revista Forbes analiza en
profundidade por qué os xogos actuais son tan caros e nun artigo
titulado Why Gears Of War Costs $60
(Por qué Gears of War costa 60
dólares) afirma que o principal motivo é que o desenrolo dun videoxogo cada dÃa
aseméllase máis a unha superprodución de Hollywood o que implica inversións de
ata 20 millóns de dólares por xogo.
Os analistas aseguran que as compañÃas deben vender a lo menos medio millón
de copias dun videoxogo para que este
comece a dar beneficios e incluso, nalgúns casos, é preciso vender ata un millón de copias antes de gañar
1 dólar (dos 60 que costa o xogo) por copia vendida.
Se un videoxogo, dende que comeza a ser rendible, só xera 1 dólar de beneficio,
é normal que as compañÃas agarden varios meses antes de comezar a traballar
para consolas de novas xeracións, das que non se sabe como van funcionar no
mercado co que, a demanda supera con creces á oferta, e isto produce unha consecuente subida dos prezos iniciais.
Deixando á marxe o 1,5% dos beneficios de venda que se obtén dun videoxogo, o
resto dos cartos serven para sufragar
gastos de marketing, deseño, programación, publicidade, licencias,
distribución, custes corporativos...
En concreto, o 45% vai parar á produción e ó deseño do videoxogo e o 55% restante son gastos de
fabricación, distribución, publicidade, marketing... aÃnda que estas
porcentaxes son variables e dependen
moito do tipo de xogo e de público ó que vai dirixido.
